Responder ó comentario

LETRAS GALEGAS 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Hoxe 18 de maio celebrouse no colexio o acto dedicado a celebración das Nosas Letras, que este ano dedicóuselle a Ramón Piñeiro López.

Este acto tivo dúas partes: unha primeira, con exposición e charla de artesáns, que nun principio ían ser seis e logo só foron dúas, palilleira e arte con tella e outros materiais. Porén a organización mantivose e acadamos que os nosos e alumnas poidesen ter un día de festexo diferente e coñecer a mestura da tradición coa arte máis actual.

 

 

A segunda parte da celebración foi un acto no patio con todos, que comezou co himno,  dous alumnos de 6º fixeron a presentación da canción do Rap da Lingua que cantamos todos, a lectura da biografía do autor por parte dos alumnos de 4º, os lemas a prol do galego a cargo dos alumnos de 3º, o baile do grupo A Pedra da Garza e finalizouse escoitando o programa especial de Radio Faladora e baile do Rap outra vez.

E despois dun descansiño e merenda volta as tarefas correspondentes.

Responder