Skip to Content

                              

contacontos

8M: CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN.

O pasado xoves,   Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.

Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi  a través do mundo máxico dos contos.

Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía.

(Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)

 
                         

 

 

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!
 

 

 

 

 

 

 

 

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O xoves 12 de marzo celebramos no colexio o Día da Muller Traballadora.

Tivemos varias sesións de contacontos con Uxía González Morán. Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de concellos do Carballiño.

Algúns dos contos foron: GUAPA, ME LLAMO PECAS, ARTUR E CLEMENTINA E MAX E OS SUPERHEROES.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

O pasado venres, Tamara veu ó cole a contarnos o conto de "Elmer e o osiño perdido" .
Elmer encántalles, pero moitos deles non coñecían esta nova historia que protagoniza o elefante máis multicolor de todos.

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento.
Moitísimas grazas a Tamara por vir á biblioteca e compartir o seu tempo con nós.

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

O pasado venres, Patricia veu contarnos un conto á biblioteca do cole, ó alumnado de ED. Infantil e 1º de primaria.

O conto titulábase: "Tilo Cocodrilo"  . A través do protagonista vivimos certas situacións, que moitas veces non son correctas, ou deberían mellorarse... sobre todo dende o respecto .

Desta volta, ademais de contarnos o conto, Patricia elaborou uns monicreques para acompañar a súa historia, e para iso precisou de 5 axudantes á hora de contar a historia. ( Que aínda que ó principio tiñan un pouco de vergoña, fixérono xenial!!!)

Moitísimas grazas a Patricia por compartir o seu tempo con nós, e deixarnos a todos e todas coa boca aberta.

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

O venres día 17 tivemos unha sesión de contacontos para o aumnado de ED. Infantil e 1º de Primaria. 

Desta volta, contounos o conto a mellor axudante de cociña do mundo: CHELO.

 

Queremos agradecerlle a Chelo que compartise con nós o seu tempo, e nos contase o conto de "A escaleira" 

  de OQO editora. 

Estiveron moi atentos  e atentas e encantoulles !!

Moitas grazas a Chelo por compartir o seu tempo con nós.

 

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

Este venres foi Sandra quen nos contou un conto moi especial... "Por cuatro esquinitas de nada"  .

 

Pero non so contou o conto dun xeito espectacular que algúns nin "pestanexaron", senon que ademais fixo unha versión do mesmo a tamaño grande con diversos materiais para que o conto fose moito máis visual, acompañado da súa sensibilidade e emoción á hora de contalo.

Ó rematar, e despois de darlle unha aperta ó "seu cadradiño" particular díxonos que nos agasallaba a súa versión do conto. 

Moitísimas grazas a Sandra por vir, compartir con nós as súas dotes para a interpretación e ademais deixarnos un agasallo tan fermoso.

 

 

 

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

Desta volta foi a profe Cruz, titora de 1º a que nos contoiu un conto este venres.

Pola proximidade do Nadal, e seguindo co calendario de Advento que está facendo o alumnado de ED. Infantil o conto elexido foi : "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

Este conto da editorial Kalandraka foi ilustrado por Kiko Dasilva e escrito por Chema Heras é todo un clásico dos contos de Nadal, e ademais a profe Cruz contouno taaaaan ben que quedaron todos e todas embelesados.

Se premedes na imaxe poderedes ver unha entrevista ó autor e ilustrador 9 anos despois de publicar o libro.

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento: 

 

NOA NO ESPELLO CON SABELA GAGO

O martes 10 de decembro visitounos Sabela Gago coa contada interactiva sobre a igualdade de xénero NOA NO ESPELLO.

A obra conta as historias de tres personaxes, quenes defenden a idea de que "facer o que un quere e o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz". Con esta representación búscase ensinar aos pequenos como enfrentarse á crítica e como se pode chegar a vencela".

Sabela Gago utiliza a escenografía, a música e a interacción para manter esperta a atención do alumnado.

 

 

INAUGURAMOS OS CONTACONTOS DAS FAMILIAS!!!!

Este venres inauguramos a "tempada" de "Contacontos" por parte das familias e membros da comunidade educativa.

 A encargada de contar o primeiro conto deste curso foi Carmen, a mellor cociñeira do mundo, a nosa cociñeira!!!!

 O conto que elexiu para compartir con nós foi "Moncho e a mancha" de Kiko Dasilva, editado por Kalandraka.

 Moitísimas grazas a Carmen por compartir con nós o seu tempo e contarnos este conto, que lles gustou moitísimo.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento!!!

 

 

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS

Debido á participación e implicación por parte das familias do alumnado, rematamos onte cos contacontos por parte das familias para o curso 2018/19.

Extendéndonos máis aló dos venres ou da semana "Do día do libro"

Queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron á biblioteca escolar para compartir o seu tempo con nós .

Para o próximo curso máis !!!    

Distribuir contido


by Dr. Radut