Skip to Content

                              

contacontos

CONTACONTOS POR PARTE DA FAMILIA DE SERGIO: TOPITO TERREMOTO

E chegou o tercceiro "contaconto" por parte das familias desta volta Alba, a mamá de Sergio da clase de 4 anos contounos o conto favorito do seu fillo Sergio: "Topito Terremoto" de Anna Llenas.

Aquí vos deixamos o audio por se o queredes escoitar.

 

Moitas grazas a Alba!!

 

 

Contacontos por parte da familia de ADRIÁN: "A banda de Raimunda"

E chegou o segundo "contacontos" por parte das familias!!!!!!

 

Desta volta foi Vanessa, a mamá de Adrián a que compartiu con nós o conto de Pablo Nogueira " A banda de Raimunda" ( se premedes no título levaravos á ficha técnica do mesmo)

 

 

Aquí vos queda, agardamos que vos guste tanto coma a nós. E moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e creatividade.

 

 

Contacontos por parte da familia de Xermán: " Os fantasmas non petan na porta"

Este curso repetimos a proposta dos Contacontos por parte das Familias para ED. Infantil

De xeito telemático ( prescindimos por segundo ano do modo presencial)

 

E hoxe chegounos a primeira aportación, moi acorde coas próximas  datas do Samaín, e tamén próxima á data de inicio da Bibiloteca Escolar:  O día das Bibliotecas escolares.

 

Queremos agradecer a  Xermán e á súa nai Beatriz ,  que compartan con nós esta magnífica representación do conto

"Os fantasmas non petan na porta"  de Algar Editorial, escrito por  Eulalia Canal e Rocío Bonilla.

(Se premedes no título levaravos a ficha técnica do conto)

 

Moitísimas grazas familia!!!!!  


Agardamos que vos guste tanto coma a nós.

 

 

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS!!

Dende o equipo de Biblioteca estamos planificando as actividades que imos desenvolver este curso.

Unha delas é o xa "tradicional" , "Contacontos para alumnado de ED. Infantil".

Debido á época que estamos a vivir, prescindiremos por segundo ano consecutivo do modo "presencial", pero o que non queremos é abandonar esta actividade que tanto lles gusta.

 

Recordámosvos que para participar con ser familiares dun alumno ou alumna do centro é suficiente ( non vai dirixido exclusivamente ás familias de ED. Infantil.)

 

Animádevos a participar!!!!

Moitas grazas dende o equipo de Biblioteca. 

 

 

TERCEIRO "CONTACONTOS" POR PARTE DAS FAMILIAS.

Chegou o terceiro "contacontos" por parte das familias!!!!!!.

 

Esta vez , ante a cámara,  aparece Iria , ( da clase de 2º) contándonos un clásico entre os contos infantís:

  " A que sabe a lúa?" (premede no título para ir á ficha técnica do libro) publicado pola editorial KALANDRAKA .

 

E a súa nai Sandra acompáñaa nesta historia,  narrando con ela,  pero  detrás da cámara.

 

Moitísimas grazas ás dúas por ser unhas fantásticas "contadoras de contos".

 

COMEZAN OS CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS!!!

Este curso, non queríamos prescindir dunha actividade que nos parece importantísima e ademais lles encanta:

OS CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL 1º  e 2º de Primaria, por parte das familias.

Solicitamos a axúda das familias para manter os contacontos, pero desta volta de xeito TELEMÁTICO.

 

A primeira que se animou a contarnos un conto, foi Beatriz, a nai de Xermán ( que tamén colaborou nesta narración).

 

O conto  escollido foi "A banda de Raimunda", escrito por Pablo Nogueira, e ilustrado por Manuel Uhía , publicado por Baía Edicións. 

 

Aquí queda este magnífico contacontos, que Beatriz nos permitiu publicar na conta de "youtube" da biblioteca. 

 

Desfrutádeo tanto coma nós!!!!

E moitísimas grazas a Beatriz por compartir a súa arte con nós!!!

BOA LECTURA. 

 

 

 

E aquí tedes unha foto dos protagonistas: Xermán entregándolle un diploma de agradecemento á súa nai:

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL

Gustaríanos seguir mantendo a actividade de "Contacontos para ED. Infantil" por parte das familias e comunidade educativa.

 

Pedimos a vosa colaboración, animádevos á participar. Grazas!!!!!!

E xa sabedes, enviade as vosas creaccións á biblioxuve@gmail.com 

 

DEZ PIRATAS CON SABELA GAGO

Aquí volvemos ter de novo a Sabela Gago co conto "Dez piratas" de Santillana.

DEZ ERAN DEZ CON SABELA GAGO

SABELA GAGO mandounos este conto de Xoan Babarro para compartir con toda a comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS.

Esperamos que vos guste.

Proposta de actividade plástica para facer despois do conto.

 

DEZ ERAN DEZ

HOXE, 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO.

SABELA GAGO MANDOUNOS UN CONTO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS. PINCHA NA IMAXE PARA PODER ESCOITALO.

MOITAS GRAZAS SABELA.

Distribuir contido


by Dr. Radut