Skip to Content

                              

A súa obra

FUNDADOR DE MUSEOS

Creou e promocionou 21 museos en toda España, entre os que hai que destacar o das Peregrinacións de Compostela e o Diocesano de Ourense. Coa creación de museos, Chamoso Lamas, perseguía rescatar do esquecemento as mostras do pasado.

ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS

As escavacións arqueolóxicas foron unha das súas grandes paixóns. Participou en multitude de escavacións, sendo as da Catedral de Santiago e as do castelo de Ribadavia as máis importantes. Xogou tamén un papel moi importante nas escavacións da citania de San Cibrao de Las e nas do castro de Cameixa.

CAMIÑO DE SANTIAGO.

Estudoso dos itinerarios dos peregrinos na ruta da Prata e no Camiño francés, dedicou parte da súa vida a publicitar todo o que estes camiños ofrecían: templos, albergues, mosteiros; arquitectura popular…

EDIFICIOS RELIXIOSOS.

Fixo numerosos estudos detallados sobre diversas catedrais, templos e mosteiros: catedrais de Lugo, Ourense, e Santiago; mosteiros de Celanova, Montederramo, Sta Cristina… igrexas de San Facundo de Cea, San Mamede de Moldes; San Martiño de Cameixa,San Xes de Astureses…

ARQUITECTURA POPULAR

Moi preocupado pola arquitectura popular, a través da súa cámara fotográfica recuperou para a historia útiles, bailes, vivendas, mobiliario, aparellos do labranza...

Destacou pola recuperación dos muiños do Arenteiro e das pontes da comarca do Carballiño.

DEFENSOR DO PATRIMONIO

A el lle debemos boa parte da conservación do patrimonio artistico-cultural de Galicia.



book | by Dr. Radut