Eros non figura entre as divindades primordiais, senón que é fillo de Afrodita, a deusa que personifica o amor e é un dos deuses máis novos do Olimpo.
Eros é a forza misteriosa que coordina os elementos e asegura a perpetuidade da vida.
As festas na súa honra chámanse erotidia e celébrase cada cinco anos. En Atenas tiña un altar e algúns outros templos en diversos puntos, pero en xeral, o seu culto ía asociado a outras divindades, como Afrodita e as Gracias.
O tipo de Eros modifícase co tempo a través do arte. As primitivas figuras, obxecto de culto, son pedras en bruto. Despois Eros, adquire forma humana, e máis tarde añádenselle ás para expresar a lixereza de acción do deus. A partires do século V Eros aparece con aspecto de adolescente, case sempre na compañía de Afrodita.
Ademais das ás, atributo case constante en Eros, leva con frecuencia arco e frechas.
O arte helenístico preséntao como un neno de gran beleza, nu e de aire traveso.
Por último, na época helenística, Eros cobra un carácter fúnebre e represéntaselle en estelas e sarcófagos.
Tamén se relaciona con Psiquis, de quen se di que o deus estivo namorado. Psiquis, personificación da alma humana, era unha fermosa doncela amada de Eros, que a levou a un castelo, onde vivía soa; nunca se mostraba a súa amada, que debía recibirlle na máis absoluta escuridade. Ela, muller ao fin e picada pola curiosidade prendeu unha vez una lámpada de aceite e contemplouno; extasiada pola fermosura de Eros, inclinou sobre el a lámpada e as gotas de aceite fervendo que caeron sobre o seu corpo nu espertando a Eros, que desapareceu irritado; Psiquis quedou abandonada na terra, soa e desconsolada, ata que despois de moitas tribulacións obtivo o perdón de Eros, e os deuses lle concederon a inmortalidade, que desde entón gozou no Olimpo en compañía do amado.
No mundo romano recibiu o nome de Cupido.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |