O xoves, 24 de xaneiro, participamos na Final comarcal de campo a través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro na paraxe espectacular que sempre nos ofrece o Puzo do Lago do concello de Maside.
Participaron un total de 10 centros educativos da comarca do Carballiño, sendo cerca dos cincocentos os participantes inscritos.
A climatoloxía axudou moito a que a xornada se desenvolvera nun contexto idóneo para a práctica deportiva do campo a través, o que redundou nas fantánticas marcas acadadas polos atletas.
É de agradecer o bo comportamento e colaboración da práctica totalidade dos participantes que favoreceu que a xornada deportiva fose unha experiencia enriquecedora e inolvidable para todos e todas.
Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Roi Pagán polo 2º posto en categoría Benxamín e a Alberto Carracelas polo 2º posto en Alevín masculino, sen esquecernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín masculino.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |