Skip to Content

                              

Festa das Mudacións

A Festa dás Mudacións celébrase en Boborás todos os anos o segundo e terceiro domingo de maio.

A festa divídese en dúas partes diferenciadas:

  • Primeiras Mudacións: O segundo domingo de maio, a Virxe de Santa María de Xuvencos sae en procesión desde o seu santuario ata Boborás, lugar onde a espera a Santa Isabel, que se atopa na Capela do San Antonio. Ambas as dúas saúdanse e posteriormente a Santa Isabel volve en procesión ata Xuvencos, intercambiando, así, a súa localización durante unha semana.
  • Segundas Mudacións: O terceiro domingo de maio, a operación faise a inversa, ao seu lugar de todo o ano: A Virxe de Santa María volve a Xuvencos e a Santa Isabel faino a Boborás.

Como ben di Luís Sobrado “a orixe desta festa é pagana, baseada en rituais de fertilidade moi propios das sociedades agrarias… e que a igrexa soubo transformar de xeito perfecto…”. Para os cristiáns, este intercambio representa a visita que María, embarazada de Jesús, fixo á súa curmá Isabel tamén embarazada de Juan. No santuario de Xuvencos o cura bendice as aguilladas e as cordas que as xentes usan co gando, solicitándolle así protección e fecundidade para os seus gandos á Virxe.

Cada catro anos, no terceiro domingo, ten lugar a Danza de Xuvencos, manifestación relixiosa, única na provincia de Ourense, que acompaña á procesión en todo o percorrido.



book | by Dr. Radut