Skip to Content

                              

Viaxe á praia

O 24 de maio realizamos unha viaxe lúdico-educativa, é dicir, unha excursión, ata a cidade de Vigo, para a cal contamos coa colaboración  do Concello de Boborás que nos financiou o autobús.

Primeiro visitamos o Zoo de Vigo que está na Madroa, alí puidemos observar a moitos animais salvaxes que teñen en cativerio, aínda que algúns deles estaban escondidos na sombra debido á calor que fixo.

Ao rematar a visita do zoo desprazámonos ata a praia de Samil, para gozar nas súas instalacións. Pasámolo moi ben, tanto na praia como nas piscinas.

Xa estamos desexando que chegue a próxima!!

 Imaxes da Excursión



page | by Dr. Radut