Skip to Content

                              

Concentración polo restablecemento da atención pediátrica

Lembramos que a plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño convoca, de novo, unha concentración para hoxe 16 de febreiro ás 18.30 horas na Praza Maior do Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca. 

Neste caso, a esta concentración únense as plataformas de Xinzo e Verín, que están a sufrir igualmente recortes na atención pediátrica.

O servizo de pediatría é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

Desde a comunidade educativa do CEIP Xuvencos sumámonos á concentración de hoxe e á solicitude de restablecemento deste dereito básico e tan necesario para a nosa comarca.



blog | by Dr. Radut