O mércores 25 de maio tivemos unha proposta musical e teatral para o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria; agasallo de Dinamización Lingüística.
O concerto está coordinado por Lydia Botana, autora e directora do espectáculo, e o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto foi editado por Edicións do Cumio.
DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao alumnado na procura de novos sons.
A través da música contáronnos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcámonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.
O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Había instrumentos típicos de cada lugar polo que iamos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abranguía dende pandeiretas, pao de choiva… e un sinfín de cacharradas que espertaron a curiosidade do alumnado.
Fixeron partícipes ao alumnado co retrouso que nos levaba ao seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska…
Unha divertida aventura na que descubrimos paisaxes sonoras distintas desfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.
https://soundcloud.com/lydiabotana/sets/de-aqu-para-al-m-sica-infantil
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |