Skip to Content

                              

Termas de Ourense

O venres 21 de maio fixemos unha excursión a Ourense para relalizar unha andaina  visitando as diferentes termas que se encontran na ribeira do Miño.

Comezamos a andaina na ponte romana e rematamos nas termas públicas de Outariz, disfrutando das súas augas todos o alumnado e profesorado.

Estes foron os espacios termais cos que nos atopamos:

CHAVASQUEIRA

Situada na marxe dereita do río Miño no “Campo da feira” cunha temperatura de 63º, estas augas están recomendadas para enfermidades da pel... Dividida en dous sectores: unhas pequenas piscinas termais abertas e outras pechadas cunha entrada por un Zen xaponés de madeira.

 

TINTEIRO

Fonte de augas termais. Este manantial atrae a agüistas de toda España e de Portugal. Recomendado para enfermidades de la pel e cicatrices.

 

 

BURGA DO MUÍÑO

Gran piscina termal ao aire libre, sita xunto ao “Muíño da Veiga” nunha gran área recreativa, na zona de Quintela de Canedo. A dous quilómetros do Tinteiro polo paseo asfaltado da marxe dereita do Río Miño. 

 

 

OUTARIZ

O entorno de Outariz é agora o maior espazo público da capital. Ademais das antigas catro pozas reincorporáronse outras sete denominadas as Burgas de Canedo. Desde aquí pódese volver en tren ou regresar polo Paseo das Ninfas, na outra marxe, cruzando a pasarela. 

 

Podedes ver máis imaxes na galería do centro



page | by Dr. Radut