Día da Paz
O venres 29 de Xaneiro celebramos no centro o “Día da Paz e da non violencia”. Durante toda a semana estivemos preparando actividades relacionadas co tema en cuestión, converténdonos así nun instrumento de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. As accións foron diversas: recitamos poemas, pintamos pombas, fixemos xogos, adornamos as nosas cabezas con gorras de Paz…
O que tentamos con todo isto non é outra cousa que a concienciación de todos e todas na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |