Skip to Content

                              

Samaín 2009

A noite do 31 de Outubro é o Samaín, festa coa que se celebra a chegada dun novo ano na cultura celta, abríndose esa noite a porta a un novo mundo.

Trátase dunha noite dedicada ao terror, aos mortos e aos espíritos que na transición ao novo ano vagan na escuridade. O sangue e os nenos disfrazados son os principais protagonistas percorrendo as casas pola noite ofrecendo favores a cambio de doces ou caramelos.

No noso país esta festividade estase a facer un oco converténdose pouco a pouco nunha celebración con máis adeptos. Con motivo desta festa no colexio Nosa Señora de Xuvencos organizamos unha serie de actividades durante a semana, xa que o propio día do Samaín era sábado; queríamos que cando chegase o día sinalado todo estivese perfecto e antes tivemos que pensar que facer para que os nenos se divertisen e participasen de cheo na festividade sinalada e que todo saíra o máis perfecto posible.

Comezamos anunciando clase por clase o que iamos celebrar o xoves día 29 pola tarde, día do Samaín no centro, explicando en que consistía dita festa, e como se celebra; os nenos axiña se puxeron moi ledos e emocionados xa que comprenderon que ían ser os protagonistas da xornada.

Unha vez explicado, decidimos adornar o colexio en conmemoración á noite do 31 facendo uns murais nos que cada un dos nenos pintaron as súas propias cabazas e os mestres participamos activamente debuxando e con propostas. Primeiro repartimos aos de infantil pantasmas que decoraron con boliñas de papel de cores, aos de primaria comunicámoslle que o día da festa íase celebrar un concurso de cabazas que terían que colorear e decorar o seu antollo para conseguir que fora a mellor de cada ciclo e levar un agasallo.

Mentres dedicaban algunha sesión para decoralas con todo os detalles os mestres iamos decorando as letras do mural que presidiría a entrada do colexio. Tamén decidimos traer cabazas da casa, abrilas, limpalas e preparalas cos ollos, a boca, e o nariz para logo expoñelas ante os nenos e que viran como era o resultado deste traballo, xa que é o símbolo máis importante do Samaín.

Decidimos que os rapaces trouxeran disfraces para o momento da festa, pero como non todos tiñan, ou non eran de medo fixemos un sombreiro de bruxa e un colgante cunha figura relacionada co medo para ter algo que poñer; por suposto, os mestres fixemos os nosos correspondentes sombreiros con cabelo e todo.

O día escollido, o xoves, chegou e dedicamos a última hora da tarde para gozar do Samaín. Os nenos puxeron os disfraces e nos vestímolos co programado, os sombreiros e os medallóns. Saíron ao patio decorado coas cabazas que trouxeran e colocamos as feitas por eles na parede. Sacamos fotos e puxemos música, fixemos un desfile nos que dende infantil ata o terceiro ciclo de primaria participaron cantando en inglés as cancións que practicaran na clase.

Bailaron e xogaron ata que chegou o momento de rematar a festa pero sen esquecernos do concurso das cabazas. Os mestres elexímolas mentres eles divertíanse.



page | by Dr. Radut