O martes 11 de marzo participamos na final comarcal de bádminton da comarca do Carballiño organizado pola Agrupación deportiva Arenteiro e coodinada por Cristina Chamoso nas magníficas instalacións do IES nº 1 do Carballiño.
O noso centro tivo 12 representantes nas categorías alevín masculino e feminino que competiron contra os representantes do CEIP da Uceira do Carballiño e o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
Foi unha xornada moi intensa na que, ademais de competir, convivimos cos nosos compañeiros dos outros centros.
Cadro de honra:
Alevín masculino
- Alberto do CEIP Nosasa Sra de Xuvencos
- Adrián do CEIP da Uceira
- Daniel do CEIP da Uceira
- Samuel do CEIP Virxe da Pena da Sela
Alevín feminino
- Laura do CEIP da Uceira.
- Ana do CEIP Virxe da Pena da Sela
- Eva do CEIP Nosa Sra de Xuvencos
- María do CEIP Virxe da Pena da Sela
Moitos parabéns para todos os participantes e en especial para Aberto e Eva do noso centro.
GALERÍA DE IMAXES DO TORNEO
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |