O luns, non te esquezas trae algo na cabeza, pois comeza o entroido que non che de pereza. O martes, vintecinco que guapos imos estar, pondo algo no pescozo. O que ti queiras levar!!! O mércores, todo o dia, no teu corpo has de poñer, algo que chame a atención e simpático deberá ser. O xoves é o desfile Minnie e Mickey chegarán. Un mundo de fantasía No cole de Boborás. O venres, día vinteoito se no cole queres entrar, disfrázate do que queiras e así poderás pasar. |
MANDAS DO MECO
Durante a vindeira semana, do luns 24 de febreiro ata o venres día 28 de febreiro, celebramos a festa do entroido. Desta maneira, cada día os nenos e nenas participaron no que o meco ordenou. A continuación detallamos as mandas do Meco para cada un dos días:
Luns, 24 de febreiro: cada neno ou nena deberá levar algo na cabeza: gorro, perruca, coroa, diadema...
Martes, 25 de febreiro: deberán traer algo no pescozo: lazo, bufanda, pañuelo,colar, garabata.....
Mércores, 26 de febreiro: deberán vestir algunha cousa divertida: mandil, cinturón.....
Xoves 27: Gran desfile do Entroido no cole de Boborás.
Venres, día 28 de febreiro: cada un virá disfrazado do que lle apeteza, o disfrace é libre. Celebraremos un concurso de disfraces.
Deixade voar a vosa imaxinación e Feliz Entroido!
Galería de Imaxes das mandas do meco luns, martes e mércores
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |