Skip to Content

                              

A Virolla

A VIROLLA
Este xogo consta de catro elementos que son:
A cega (un cadrado feito de madeira),
a virolla (un triángulo de madeira),
nove birlos e
unha bóla.

O primeiro en colocarse é a cega, a un paso desta, a virolla, a outro paso, os nove birlos (dependendo da zona teñen unha colocación ou outra) e a once pasos debuxarase a liña de lanzamento.

O lanzamento ten que ser paralelo ao chan e o xogador ten que ter os pés por detrás da liña.

A finalidade do xogo é conseguir tirar a maior cntidade de pezas posible. Cada birlo vale un punto, a birolla bale dez e a cega vinte.

O resto dos xogadores contarán ata un número previamente pactado e por cada vez que o fagan se o xogador non ten colocados en pé todos os birlos se lle restará un punto dos obtidos nos seus lanzamentos.

Gañará o xogo quen máis puntos consiga ao final das rondas.

 



page | by Dr. Radut