slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

VENRES 19/11/21

TAREFAS

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Ficha interactiva matemáticas (clic aquí) + Ciencias Socias páxinas 24,25 + Lingua Galega páxinas 50,51 + 20 minutos de lectura + escribir 4 ou 5 oracións

 

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

XOVES 18/11/21

TAREFAS

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 

Ciencias naturais páxina 28-29 + Lengua Castellana páginas 48-49 (el uso de la H) + 20 minutos de lectura libre

 

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

MÉRCORES 17/11/21

TAREFAS

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: ficha interactiva de matemáticas (facendo clic aquí) + Lingua Galega (libro) páxinas 48,49 (LETRA H) + 15 minutos de lectura libre

 

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 

TAREFAS CUARENTENA

Infórmase a todos os pais/ nais dos alumnos, que por mor da inactividade da Aula Virtual, e da imposibilidade de subir contidos a través da plataforma Abalar, empregaremos a páxina web para comunicarvos todas as tarefas que tentaremos ir realizando de forma conxunta, a pesar da distancia. 

Agardo esteades todos ben.

Moito ánimo,

un saúdo.                                                                                                                 A titora,

Davinia Graña Arraña

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 

Chegou o outono...

Chegou o outono...

MILLÓNS DE GRAZAS E ATA PRONTO !!

Queridas familias,

os traballadores/as do cole de As Nogais despedimos este ano académico desexándovos moita saúde, paz e amor para este curso 21/22.

Millóns de grazas a tod@s por acollernos durante este ano como parte da vosa familia, e polo voso traballo e responsabilidade na xestión do protocolo covid19.

E moitos bicos para os "nosos" nenos e nenas, que nos roubaron un cachiño do noso corazón.

Ata pronto familias !!

 

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR E SOLICITUDES DE COMEDOR

Bo día, familias,

o vindeiro 8 de xullo, de 10 a 13:30 e o 9 de xullo, de 10:45 a 13:30, podedes pasar polo centro a recoller os vales de material escolar e as solicitudes de comedor do vindeiro ano (para as que necesitaredes a declaración da renda do 2020 dos membros da unidade familiar que teñan a obriga de facela).

Se alguén non pode, lembrade que tamén podedes xestionalo no mes de setembro ou escribíndome a ceip.nogais@edu.xunta.gal.

Recibide unha grande aperta.

 

 

RESILIENCIA: O VOSO DOCUMENTAL

Queridas familias,

o que comezou sendo un traballo para nen@s maiores dentro da materia "As emocións a través do teatro", foi medrando ata converterse nun precioso documental co que pretendemos amosar a capacidade de superación e o día a día d@s vos@s nen@s.

Agardamos que vos guste esta lembranza deste atípico curso que imos rematar.

Grazas a tod@s polo voso traballo!!

Ata pronto!!

MINIPROXECTO DE ARTE: YAYOI KUSAMA

Yayoi Kusama é unha artista xaponesa á que lle encanta encher o mundo de puntiños e a nós non nos pode gustar máis!
No noso recuncho de arte, despois de viaxar con Van Gogh aos Países Baixos, aterrizamos nun fermoso pobo xaponés, Matsumoto, para coñecer a Yayoi, a raíña dos puntos.

Comezamos a nosa investigación lendo o conto "Yayoi, de aquí al infinito", onde descubrimos como foi a súa infancia e os seus inicios como artista en New York e tamén, como os seus cadros, collages, esculturas e instalacións seguen expoñéndose en museos de todo o mundo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer