slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

La Xunta, sobre Delgado Gurriarán: "Fue un representante de los exiliados  por voluntad propia"

Hoxe adicamos o día das letras galegas a Florencio Manuel Delgado, nacido en Ourense o 27 de agosto de 1903 e finado o 14 de maio de 1987 en California. Foi un escritor español en lingua galega.  No ano 1933 ingresou no Partido Galeguista, loitando a prol da lingua.

Aquí vos deixamos como traballou o alumnado neste día.

FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO

FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/2023

  • Normativa: orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/05/2022)
  • Prazo de presentación de solicitudes: 19 de maio ata 22 de xuño de 2022 (ambos incluídos)
  • Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Aquí vos deixamos o enlace.

VÍA KÜNIG

Vía Künig - Camino de Santiago

 

Coa axuda e colaboración do concello, o venres día 13, saímos de camiñata a facer o segundo tramo da Vía Künig. Foi un tramo dun 6 km aproximadamente, dende Castelo ata As Nogais. 

Contamos cun autobús para o traslado do alumnado e profesorado ata o punto de saída, así como cun vehículo de acompañamento por se houbese algún percance, que por sorte, non tivemos. 

Fixemos unha breve parada para unha boa merenda, mentres disfrutabamos da bonita paisaxe.

Foi un día distinto e ben divertido.

 

Aquí vos adxuntamos imaxes de dita experiencia. 

CELEBRAMOS OS MAIOS

XOGADE

Xogade - Xogade

 

No día de hoxe, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foron a representar ao noso centro a Becerreá, onde disputaron unha competición de pin- pon.

E como xa todos sabemos, o importante non é gañar, se non participar. E que ben o fixeron!

LECTURA INTERACTIVA

SESIÓN DE CONTACONTOS

Entre Nubes y Cuentos- Ana Meilán

No día hoxe tivemos a visita da gran escritora, Ana Meilán.

Estivo connoso ao longo de toda mañá, contándonos moitas historias, relatándonos algúns dos seus valorados contos infantiles e facendo diferentes e entretidas actividades con todos os alumnos. 

Foi unha mañá moi divertida! Está de máis dicir que os nenos o pasaron xenial!

Amosámosvos algunhas das fotos.

 

PROXECTO XORNADA UNICA CEIP AS NOGAIS

Dende o Ceip As Nogais, adxuntamos o Proxecto de Xornada Única para o vindeiro curso escolar.

CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

MASCOTA DA BIBLIOTECA

Aquí vos presentamos o debuxo gañador do concurso da mascota da biblioteca.

Autora: María Freijo López (6º de Educación Infantil).

NORABOA!

MASCOTA DA BIBLIOTECA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer