Festival de Nadal 2017

O martes 19 de decembro de 2017 celebramos no CEIP das Nogais o festival de Nadal. Nesta ocasión contamos coa presentación dun programa informativo moi especial: "As Nogais Directo".

Neste programa tratáronse temas de actualidade como a independencia, os períodos de vacacións etc...

Entre nova e nova houbo tempo para diferentes actuacións:

Educación Infantil: "Melchor, Gaspar, Papá Noel e Baltasar"

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º cantaron e bailaron o tema "La luz que nace en ti" do grupo La oreja de Van Gogh.

O alumnado de todo o colexio interpretou a canción de Funambulista "Hecho con tus sueños".

E para rematar, os cursos de 4º, 5º e 6º reviviron o espíritu da Porta do Sol coa canción de Mecano "Un año más".

Esperemos que vos gustase este programa especial para pechar un cargadiño 1º trimestre.

Boas vacacións e ata xaneiro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer