Celebramos o día da paz e non violencia.

O día 30 de xaneiro, celébrase a nivel mundial, o día da paz e non violencia. Nós non queremos ser menos e así o fixemos.

Nos días previos, elaboramos entre todos e todas un mural dun cociñeiro.

Nós, tamén elaboramos os ingredientes para que este cociñeiro mesture todo ben e faga un bo caldiño de paz.

Os nenos de 4º, 5º e 6º buscaron frases célebres de personaxes famosos, os de 1º, 2º e 3º escribiron as súas propias frases e os nenos e nenas de Educación Infantil traballaron e recitaron a famosa frase de Mahatma Gandhi: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"

Para rematar dita celebración, María, a mestra de Educación Infantil, dirixiu un baile amenizado pola canción "De festa" da banda Uxía Lambona e a banda molona.

Aquí a tedes para que a desfrutedes...e que todo o mundo teña...PAZ!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer