Despedida do 2019 no colexio

Para despedir o 2019, no colexio prepearamos varias actividades:

Comezamos cun xogo de pistas por todo o colexio, no que os grupos (as mesas do comedor) tiñan que buscar pistas e unha letra en cada lugar. Ao final debían ordear todas as letras para formar unha palabara relacionada có Nadal.

De seguido, realizamos tres fantásticas actuacións, versionando cancións actuais, grazas á profesora de música, Bea.

O grupo de Educación Infantil interpretou "Bailar o twist". Como se moveron!

Os de 1º, 2º e 3º cantaron e bailaron "Vivir mi vida" de Marc Antonhy cun resultado espectacular.

Por último, os de 4º, 5º e 6º escenificaron con botellas a canción "Believer" de Imagine Dragons.

Despois de tanto baile...tiveron un rato de contacontos con U-la lúa?

Tras ista actuación, entregáronlle as cartas ao carteiro para que lle cheguen a tempo as súas maxestades de Oriente.

E rematamos o intenso día, cunha pequena festa no comedor, preparada por a nosa cociñeira Bea.

Dende o CEIP As Nogais desexamos que pasedes unhas boas festas e que no 2020 sega igual ou mellor que o anterior! Unha aperta para todos e todas.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer