Samaín 2019

Para festexar o Samaín  e o Magosto de 2019, os rapaces e rapazas do CEIP As Nogais realizaron moitas actividades:

Comezaron cunha interpretación da canción "Tumbas, tumbas".

 

Despois de tanto esforzo, os nenos e nenas xa tiñan FAME de empanada e chourizo con pan e así fixérono saber.

Demetrio instalou o seu particular "chiringuito das castañas" para asalas no tambor.

Tras a comida, desfrutamos do magosto. Cuns recipientes feitos por eles, comeron castañas ben quentiñas.

Pola tarde, no patio, mentres a choiva nos deixou, realizamos uns divertidos xogos por equipos (nenos e nenas de todas as idades).

Para rematar o día, cós mesmos grupos, xogamos no ximnasio á "Mímica de Outono", onde tiñan que adiviñar palabras relacionadas có Samaín e có Outono, mentres un compañeiro facía xestos.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer