Gravación de Braulio Tuber (Os Bolechas): alimentación saudable.

 luns 14 de outubro recibimos a visita de Braulio Tuber, un dos integrantes da familia dos Bolechas. Entre todos e todas fixemos a gravación dun programa para a TVG sobre a alimentación saudable, que se emitirá no presente curso, pero aínda sen data confirmada.

Nos días previos á gravación, traballamos contidos relacionados coa alimentación, xa que elaboramos dous murais informativos (un en inglés e outro en galego).

Tamén estivemos preparando unha canción: "Fame" de Uxía Lambona e a banda molona, pero por causas alleas a nós, non puidemos gravala como quixeramos...pero aínda así aquí deixámosvos o vídeo para que a desfrutedes. Esperamos que vos guste esta pedazo de adaptación do "Thunderstruck" de AC/DC.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer