Eleccións 2019: flores silvestres
Despois de dous períodos electorais, o CEIP As Nogais convocou un terceiro. Desta volta organizouse un proceso electoral para escoller a flor silvestre máis bonita.
O proceso tivo todo o que ten que ter. Primeiramente, unha carteira levou as notificacións aos membros da mesa electoral ( presidente e dous vogais).
Publicouse un censo electoral dos votantes, validado pola xunta electoral.
O día 29 de maio levouse a cabo a votación durante o recreo. Cada votante identificouse cun carné do colexio e o proceso transcurriu sen incidencias.
Tras a votación, levouse a cabo o reconto dos votos diante de numerosos observadores.
Có escrutinio pechado, o resultado acadado foi "O Galo".
Destacar que a participación foi masiva e o bo comportamento dos votantes e dos integrantes da mesa electoral.