30 de xaneiro: Día da paz e da non violencia

O día 30 de xaneiro, o CEIP As Nogais conmemorou este día con varias actividades para toda a comunidade educativa.

Despois do recreo, realizamos unha carreira solidaria a favor da ONG Save the Children, no que os participantes buscaron patrocinadores para esta boa causa.

Primeiramente, fixeron un bo quencemento...

Os máis pequenos foron os primeiros en tomar a saída.

Seguidamente, foi o turno dos alumnos de Primaria.

Correron o que puideron e esforzáronse moito...

Ao finalizar, todos levaron un agasallo e un diploma pola súa participación.

Despois da carreira, colocaron as súas mensaxes nas botellas da paz.

E por último, rodaron un vídeo moi especial (está en fase de realización), que moi cedo estrá colgado na web.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer