Skip to Content

Actividades

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 7 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Volvemos con outra marea de poesía co noso programa Música, poesía e estrelas!

Un programa realizado coas aportacións de toda a comunidade educativa,

adicando poesía a quen máis queremos.

Aquí o noso séptimo podcast!

 

Día de Rosalía. 2022.

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 6 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía!

O fai a través do programa Música, poesía e estrelas!

Hoxe imos co podcast nº 6.

Agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron que isto fose posible.

Parabéns Rosalía!

Seguide nas nosas ondas, pois isto aínda non rematou.

Volvemos o xoves que ven con máis Música, poesía e estrelas!

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 5 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o quinto podcast para homenaxear a Rosalía de Castro,

desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 4 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hoxe é festa! Celebramos o nacemento da nosa ilustre Rosalía de Castro!

Con aromas mariños, aquí tedes o cuarto podcast de Música, poesía e estrelas!

Un programa noso, feito por familias, alumnado e mestres.

A comunidade educativa en pe, berrando poesía!

O mellor agasallo para Rosalia, o maior legado para nós.

Parabéns Rosalía!!

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 3 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As verbas saen dos nosos beizos e seguimos adicando poesía.

Nestas datas Rosalía e a Radio Experimental son protagonistas.

Aquí vai o noso terceiro podcasts do programa: Música, poesía e estrelas!

Continuade nas ondas!

 

DÍA DE ROSALÍA

Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro o vindeiro 23 de febreiro as nenas e os nenos do Ceip Nicolás del Río queren compartir con toda a veciñanza estes fermosos versos da autora. Podedes desfrutalos nalgúns locais da Vila.

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 1 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Rosalía de Castro, semente, planta, árbore. Muller que fixo patria.

Levou a nosa bandeira por onde foi e non calou ante nada.

Berrou Galiza, espallou cultura, beleza, verdade, bondade, humildade...

Puxo nas verbas a fermosura dun pobo, das xentes, da natureza...

 

Fixo crítica social, non calou e dixo o que pensaba, pero tamén porque o pensaba. Puxo puntos en moitas "ies".

Defendeu á muller, a súa capacidade, liberdade, dereito a facer o mesmo que calquera home.

Escolleu un compañeiro de vida e tivo fillos, formou unha familia e deixou un legado,

as súas incomensurábeis obras e un puñado de herdeiros que tamén crearon e espallaron cultura,

porque a semente sempre agroma.

 

E na vila, no pobo tamén agromaron as súas verbas e puxéronsenos nos beizos e adicamos poesía,

doce poesía de Rosalia.

O facemos a través dun programa: Música, poesía e estrelas que toma a idea do antigo "Música y estrellas"

escoitado na radio fai bastantes anos pola zona de Cedeira, Cariño e Ferrol.

 

Serán unha serie de podcast (programas duns cinco minutos) nos que toda a comunidade

educativa adicará poesía a un familiar, amigo/a...

O programa estará guiado por locutoras e locutores, función que desempeñará

o alumnado de 4º e 6 de Educación Primaria.

 

Aquí vai o primeiro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!

 

 

 Música: Aerosol of my love deKevin MacLeod (incompetech.com) Licenciado baixo Creative Commons: por licencia Attribution 3.0

http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/

 

DÍA DA PAZ 2022

Día Internacional das Persoas con (Dis)Capacidade

Entendendo que cada un de nós é únic@ e diferente, no Ceip Nicolás del Río quixemos poñernos na pel das persoas con discapacidade practicando xogos coma “Don Preguntón”, a galiña cega ou deportes paraolímpicos como é o Boccia ou o Goalball porque… a diversidade somos tod@s!

Ademáis dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, adquíronse 20 exemplares do Libro "Plan de Rescate", que trata o tema da discapacidade. Coa colaboración da Secretaría xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, tivemos a sorte de conversar con Antía Yáñez, autora do libro. A rapazada de sexto mostrou un grande interese coa visita da autora, facendo moitas preguntas sobre a temática do libro e tamén sobre os pasos de Antía como escritora. A actividade levouse a cabo na nosa Biblioteca Escolar, quedando todos os libros asinados pola autora!!!

 

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Tomando como punto de partida a cancion "A porta violeta", cada nen@ elaborou a súa propia porta violeta e a chave que a abre.  Entendendo así que cada un de nós temos nas nosas mans a chave que abre a porta a un mundo mellor, onde a violencia de xénero non ten cabida.

 

 

Magosto. Xogos tradicionais.

DÍA DA INFANCIA

No CEIP Nicolás del Río quixemos celebrar o Día Universal da Infancia (20 de Novembro)dando visibilidadeao que tanto botamos de menos nestes últimos tempos, como son os sorrisos das nosas alumnas e alumnos.

Porque un sorriso vale máis que mil palabras. Feliz Día!

SAMAÍN 2021

OBRADOIRO SAMAÍN

NON SEI

Día Mundial do Teatro

O día 27 de marzo celébrase o "Día Mundial do Teatro". Con moita ilusión creamos unha nova aula de teatro na que levamos traballando un tempo, na que tamén elaboramos un teatro de sombras. Seguindo os consellos e orientacións de Quique Vázquez, que nos axudou con toda a parte técnica, acabamos de estrear a aula coa obra: "A toupiña que non sabía quen lle puxera aquilo na cabeza", interpretada por mestres do noso centro!!! Nos vindeiros días haberá máis actuacións, tanto de teatro como de teatro de sombras.

Puede ser una imagen de una o varias personas e interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ARTISTAS"Puede ser una imagen de interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ENTRADA"Puede ser una imagen de interior

Traballo de investigación polo día da muller traballadora

Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.

 

Día Mundial da Radio: entrevista a Antía Yáñez.

Celebramos o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) cunha entrevista á escritora Antía Yáñez, autora do libro "Plan de rescate" gañador do premio "Agustín Fernández Paz" pola igualdade, do cal adquirimos 20 exemplares para a nosa Biblioteca Escolar.  O equipo de dinamización da Lingua Galega en coordinación co resto de equipos, ideou esta fantástica actividade que non vos podedes perder! Queremos agradecer a Antía Yáñez a súa amabilidade e dispoñibilidade , e a nosa veciña Guadi Galego por ofrecernos sempre as súas fermosas cancións para as nosas publicacións.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut