Neste curso 2014/15, no comedor escolar do CEIP NICOLÁS DEL RÍO, pretendemos mellorar a calidade dos nosos menús introducindo PEIXE FRESCO. O noso centro pertence a unha vila mariñeira, e consideramos o noso deber de incluir peixe fresco no menú do noso comedor. Nos menús mensuais, aparecerá peixe fresco, pero non podemos concretar que tipo de peixe será xa que dependerá da dispoñibilidade e dos precios do mercado. Deste xeito, peixes como as xardas, xurelos, merluza, lirios, linguado, rape, maragota, bacallao, pescadilla, bonito, .... terán un gran protagonismo na dieta ofertada polo centro. Este peixe será suministrado sen espiñas e preparado para que as nosas cociñeiras fagan diferentes receitas que esperamos que lles gusten aos nosos comensais.
PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR O MENÚ DE DECEMBRO