LISTADO DEFINITIVO DE CENTROS ADMITIDOS NO PROA
Descarga aquí o listado de centros admitidos no programa PROA. O programa pretende: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades; axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social; facilitar a continuidade na progresión da acción educativa; incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas, etc...
Os alumnos e alumnas seleccionados polo departamento de orientación, recibirán clases de apoio polas tardes en grupos reducidos.