Skip to Content

blogue deAmalia

Día de Rosalía

Os libros de Rosalía saen ao corredor para que o noso alumnado os poida ollar.

Ollo as novidades.

Na porta da biblio temos un novo recuncho , as novidades máis esperadas e interesantes estarán expostas durante unha semana para que podades botarlle un ollo. Non esquezades que no interior da biblio hai unha caixa de correos para facer as vosas  suxestións!

Mulleres na ciencia

Os alumnos e alumnas buscan información sobre as mulleres científicas do mural da biblio. Como bos científicos farán preguntas que só os lectores atentos saberán  responder.

 

11 de febreiro, día da muller na ciencia

O ano 2015 a ONU proclamou o 11 de febreiro como o cía internacional da muller e a nena na ciencia.

Desde o blogue "viva nuestra energía"  poderemos ver unha presentación moi interesante sobre este tema.

Clica na imaxe.

MITOLOXÍA: Na procura dun deus

Un dos deuses  está agochado, só os teus coñecementos sobre mitoloxía serán quen de devolvelo ao Olimpo onde debe de estar... Serás quen de facelo?

Clica na imaxe e resolve o reto. Boa sorte.

Recursos para traballar o noso PDI

Neste enlace atoparás diferentes recursos sobre a Mitoloxía para poder documentarte e investigar. Clica na imaxe para chegar ao recurso.

 

Guías lectoras en Lingua Castelá.

Ola familias!

Aquí temos a guía de lecturas en lingua castelá, esperamos que vos guste, neste tempo de festas e tradicións o agasallo dun libro sempre é unha boa idea. Clica na imaxe para ver o vídeo.

Se o prefires podes descargar o pdf adxunto.

Guías de recomendacións lectoras en lingua galega.

Como todos os anos o equipo de EDLG do Morrazo nos achega a súa guía de lecturas recomendadas para os nosos nenos/as.

Aquí as deixamos ... ( Clica na imaxe para descargar o arquivo)

 

Lembrade rapazada e familias... o que regala un libro regala soños.

Marcalibros na biblioteca.

Hoxe estiveron visitando a biblio os nenos e nenas de 2º B. Viñan moi preparados co seu marcalibros de deseño exclusivo

 

 

  

Son uns artistas estupendos e deixáronme  moitas cartas na miña caixa de correos, espero  ter tempo para contestarvos pronto , nestes momentos ando un pouco atarefada xa que paso os días recorrendo as librarías na procura de libros interesantes e cheos de aventuras e historias para compartir con vós.

Moitos bicos de fadas e trasnos.

Seshet.

Charo Pita visita a nosa biblioteca

Hoxe tivemos a visita de Charo Pita,  contadora de historia, tecedora de soños.

Durante 50 minuto viaxamos polas constelacións e pola mitoloxía.

Grazas Charo, foi estupendo contar contigo !

Distribuir contido



by Dr. Radut