A axencia de detectives do CEIP Nazaret presenta….
“Na procura do libro misterioso”.
Cada equipo deberá descubrir que libro lle corresponde, para iso deberá seguir as pistas, investigar sobre os personaxes e os escenarios da trama… ao final conseguirán abrir o candado que lles dará o triunfo?
Benvidos ao breakout máis literario de todo Nazaret.
Os alumnos de terceiro e cuarto de primaria celebraron o día do libro cun taller moi interesante sobre a banda deseñada, puxeron en marcha a imaxinación e fixeron unhas obras literarias estupendas...
O alumnado de cinco anos acompañados pola súa titora e por o profe Calvar estiveron experimentando coas tablets e os legos, a programación non ten segredos para estes cativos e cativas. Son uns expertos!!!
Como todas as semanas o noso alumnado de 4 anos visita a biblio para escoller un libro interesante, esta semana a profe Sara que os acompañou xunto coa titora aproveitou para ler un conto. Mirade que atentos e atentas estaban!!
Despois de investigar na sección dos libros de cociña e de recompilar diferentes receitas típicas do entroido o alumnado de quinto de primaria atreveuse a experimentar coas tixolas e os fogóns, despois de escribir a receita foron quen de facer as filloas máis espectaculares de todo o Morrazo, demostrando a súa habilidade na cociña e o seu bo dente en papalas todas.