Skip to Content

Repositorio de música en galego

Hecho con Padlet

Día da Ed. Física Na rúa

O día 17 de abril celebramos o Día da Educación Física na Rúa 2024, este ano co lema "Educación Física e saúde mental", con distintas actividades lúdico-recreativas que tiveron lugar no Paseo Marítimo de Sada. Na xornada participou alumnado de todos os centros educativos da nosa localidade:  CEIP O Mosteirón, CEIP Pedro Barrié de la Maza, I.E.S Isaac Díaz Pardo, I.E.S O Mosteirón e CEIP Sada y sus Contornos. 

A actividade contou coa colaboración do Concello de Sada na súa organización e a participación de distintos clubs deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada, Club Salvamento Sada,  Sadanza e Karts Manolo. Grazas a todos eles.

Fotos da actividade

Clica na imaxe para ver o vídeo da xornada 

6º Ed. Primaria no entrenamento do Depor

Feira Matemática

Os primeiros vídeos para e de deportistas olímpicos

ENKI

O venres 22 recreamos a ENKI no cole en forma de olimpíada e finalizamos coa batukada de Iguatuke, da Fundación Igualarte. 

Entrenamento depor 5º EP

3º EP no entrenamiento do Depor

 

 

Entrega de documentación para a baremación- 4º, 5º e 6º Ed. infantil

Dende o 21 de marzo de 2024 ate o 5 de abril de 2024 está aberto o prazo para entregar a documentaciónxustificativa dos criterios de baremos alegados, que queren que marcaron na solicitude de admisión.

Se autorizaron a consulta ou a entregaron previamente a documentación  non é preciso volver entregala.

Esta documentación teraa que entregar as familias que solicitaron praza para 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil.

Para calquera duda poden chamar ao 881.880.972

Ou escribir un e mail a ceip.mosteiron@edu.xunta.gal 

 

4º Ed. Primaria en Sogama

En busca dos ovos de pascua

Deporte adaptado con ENKI

Actividades na biblio

Admisión 2024-2025

-Lexislación que regula o procedemento:

* Para o curso 2024.25:

- Instrucións anuais. Instrucións da direción xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en cenros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25. 

-Resultado do sorteo público para establecer o código de desempate.Resolución do 27 de febreiro de 2024 da dirección xeral de centros e recursos humanos.

-Documentación do centro:

* Proxecto Educativo.

* Como é o noso colexio (video).

-Información de prazas e datas importantes.

- Información prazas e prazos.

-Documentación que é preciso entregar.

* No caso de baremar a documentación entregarase entre o 21 de marzo e o 5 de abril.

-Solicitude de admisión:

* En galego.

* En castelá.

- Acceso directo á aplicación mediante a cal se pode cubrir a solicitude de admisión.

- Admisiónalumnado.

Importante: Seguir todos os pasos ata chegar a asinar con chave 365 ou certificado dixital e xere o rexistro e o código de desempate.

Diputad@s por un día

O noso cole!

Rosalía De Castro

Dende esta semana podemos desfrutar dunha exposición de traxes tradicionais cedidos de balde pola Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, dous traxes de gala (home e muller) e dous traxes de época (home e muller). A principal diferencia entre ambos é a súa época sendo o de época máis moderno (aprox. época modernista, finais do s. XIX ou principios do s. XX) e o de gala máis antigo (uns 200 anos atrás). Tamén se observan diferencias na súa ostentosidade, xa que o de gala vestíase en festas, vodas, romarías e cerimonias relixiosas e que hoxe en día levan moitas agrupacións de música tradicional, por iso é polo que sexa o máis coñecido fóra e dentro de Galicia.

Maquetas en 3º EP

Entroido 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut