Skip to Content

Actividade día da paz

Estimadas familias,

Co gallo do Día da Paz o vindeiro día 30 de xaneiro o Equipo de Biblioteca está a preparar unha actividade para a súa conmemoración. Este curso realizaremos varias actividades arredor da lenda xaponesa das mil grúas de papel (grullas en castelán). No seguinte enlace podedes atopar información sobre a historia de Sadako, a súa protagonista: 

http://papelisimo.es/2014/04/la-tradicion-japones-de-las-1000-grullas-de-papel/

O CEIP O Mosteirón quere engalanar o centro con estas aves que simbolizan a paz. Por iso propoñemos que cada alumno traia da casa unha grúa feita de papel (de periódico, revista, folio,...) No enlace anterior aparece un vídeo explicativo de como facela. A participación é voluntaria. As grúas que se vaian traendo deixaranse nunha caixa que se facilitará en cada clase co obxectivo de non manipulalas durante varios días por causa da Covid. Poñemos como data límite de entrega o venres 22 de xaneiro.

Agardamos  que a actividade sexa do voso agrado e agradecemos de antemán a vosa participación.

O Equipo de Biblioteca do CEIP O Mosteirón.

 

AnexoTamaño
grullas.pdf512.42 KB
grulla.png7.89 KB


page | by Dr. Radut