As faltas de asistencia deben estar sempre xustificadas por escrito e as xustificacións permitidas son as seguintes:
D 8/2015: Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:
a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.
b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.
c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.
d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.
e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.
Pódense xustificar dos seguintes xeitos:
- Mandando o impreso que se adxunta polo/a alumno/a. Non se aceptarán xustificacións escritas na axenda do/a alumno/a.
-Abalarmobil. O/a titor/a meterá a falta como non xustificada e a vostede apareceralle así na aplicación, debe proceder a xustificala. Preferentemente empregarase este xeito de facelo.
-Enviando un e mail ao centro: ceip.mosteiron@edu.xunta.gal
Anexo | Tamaño |
---|---|
Xustificación faltas de asistencia.pdf | 117.1 KB |