Os Proxectos Documentais Integrados (Rosa Piquín Cancio, 2012) están conformados por actividades nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema concreto, familiarízase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando os recursos da biblioteca escolar: documentais, tecnolóxicos, audiovisuais...
Na nosa escola os PDI son o eixo dinamizador do acto pedagóxico, acollendo tarefas integradas que se concretan nas Programacións Didácticas de aula para a consecución das competencias clave.
Os diversos PDI que desenvolvemos cada curso escolar enriquecen a nosa comunidade educativa e posibilitan a participación de tod@s mediante actividades de centro que se nutren da alfabetización múltiple.
Na seguinte listaxe recollemos os PDI implementados ata o actual curso escolar 2023-24 no que iniciamos nova singradura. A listaxe acolle diversos PDI que foron recoñecidos, a nivel autonómico, no Concurso de Traballos por Proxectos que promove a Asesoría BEGA cada curso escolar, así como a Distinción Sello CCB 2021, a nivel nacional; recoñecementos que valoramos como avaliación externa altamente positiva:
- PDI "Medicus curat natura sanat" (cursos 2023-24 e 2024-25)
- PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! (cursos 2021-22 e 2022-23)
- PDI Visión 3C: comunicación, ciencia e creatividade (cursos 2019-20 e 2020-21)
- PDI O mar que nos dá... (cursos 2017-18 e 2018-19)
- PDI Pintamos moito! (cursos 2015-16 e 2016-17)
- PDI Comer e contar (cursos 2013-14 e 2014-15)
- PDI Que serei, que serás... (curso 2012-13)
- PDI Cantos contos contas ti? (curso 2011-12)