Publicada as Instruccións 3/2021, da secretaría xeral técnica da consellería de Cultura, Educación e Universidade do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de Xestión Indirecta no curso escolar 2021-2022, que podedes consultar premendo no seguinte enlace: Instruccións de comedor, establécese o seguinte prazo para solicitar praza de comedor.
DO 1 AO 10 DE XULLO
A orde de preferencia par adxudicación de prazas será a seguinte:
1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 1/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2021-2022.
3. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
4. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.
5. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.
6. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
7. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado.
De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 os centros farán chegar ás familias dos comensais admitidos provisionalmente ao comedor o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrución, autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos ata o 08/09/2021.