As exposicións nacen para divulgar e dinamizar os fondos da nosa biblioteca, para animar á lectura. Libros que recuperamos dos andeis para expoñer no corredor da biblioteca, para agasallar lecturas de calidade a toda a comunidade.
Todas as exposicións trimestrais e temáticas teñen como fin último que os libros viaxen ás aulas, ás casas... para que tod@s fagan bo uso deles e medren ao seu acubillo, favorecendo a imaxinación, a creatividade, o benestar emocional, a información... en definitiva, lectura por placer e para aprender, lecturas de vida.
Premendo no seguinte enlace accederedes ás publicacións do blog da nosa biblio ao redor de diversas exposicións: