Skip to Content

Actividades de centro 2022/23: Educando en comunidade!

Como cada curso escolar, entre todos os equipos creativos de traballo, organizamos a proposta de actividades anuais en relación co Proxecto Documental Integrado que nos ocupa, de ahí o carácter curricular e avaliable: actividades pedagóxicas para todos/as e avaliadas polo Consello Escolar (incluídas na Programación Xeral Anual).
Actividades onde priorizamos as relacións interniveis e, sempre, en estreita colaboración coa comunidade educativa: familias, Concello, asociacións culturais...
Iniciamos un curso no que a desexada "normalidade" nos permite retomar actividades que nos son propias e nas que queremos recuperar a xuntanza de todos/as en actividades significativas e variadas que atendan ao desenvolvemento competencial do alumnado.
Esta proposta de actividades apóiase no noso proxecto de centro: educación inclusiva, equitativa e de calidade no rural.
Por todo o antedito solicitamos, un curso máis, a colaboración de toda a comunidade. Comunidade que necesita de autocrítica construtiva para mellorar e avanzar no longo camiño educativo (aprendizaxe ao longo da vida), acorde ao tempo no que vivimos: século XXI.




page | by Dr. Radut