Estimadas familias:
No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de maio de 2022 sae publicada a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Destinatarios:
- Fondo solidario de libros de texto:
En 3º e 5º de EP e 1º e 3º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO manteranse os libros de texto do curso 2021/22.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición segunda (necesidades específicas de apoio educativo).
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Presentación de Solicitudes:
-Preferiblemente vía electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros. Neste caso cubrirase 1 solicitude por cada fillo/a.
-Presencial na secretaría do centro. Neste caso cubrirase 1 solicitude para tódolos irmáns que cursen no mesmo centro. Os impresos para as solicitudes estará dispoñible:
a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
d) No propio centro. (Anexo I e Anexo II).
Documentación complementaria:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Outros documentos:
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
Prazo para presentar as solicitudes:
Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022. Rogamos que entregades a solicitude o antes posible para evitar aglomeracións nos últimos días e se faga dunha maneira escalonada.
Calendario:
- 17 ao 22 de xuño: devolución de libros de texto.
- 22 xuño: remata prazo de presentación de solicitudes.
- 4 xullo: publicación listaxe provisional (indicando causa de exclusión).
- 6 xullo: publicación listaxe definitiva.
- 7 e 8 de xullo: entrega de cheques.