O pasado luns 29 de febreiro inauguramos a AULA DE COCIÑA, un proxecto moi codiciado no que participou toda a comunidade educativa: mestres, equipo directivo, ANPA e o concello. Como convidados de honra acompañounos Fernando Agrasar, estrela Michelín e dono do restaurante As Garzas e Carmen Trigo, cociñeira aficionada que imparte cursos de cociña na localidade. Mais información e as fotos da inauguración podedes atopalas no blogue da biblioteca.