Skip to Content

 

Sabías que

"ANIMALARIO SONORO"

Ola a todos e todas!

É unha mágoa pero...chegou o noso último "Sabías que sonoro" do curso. Que rápido que se nos pasou!

Nesta ocasión eliximos un tema que a nós, os rapaces e rapazas de 2º nos entusiama, e ademais do que sabemos moitísimo! ANIMAIS!

Pero claro, como a nosa sección é musical...pois pensamos que sería ben interesante falar das voces e cantos do reino animal, sons curiosos, fortes, simpáticos ou difíciles de escoitar.

Esperamos que o desfrutedes e descubrades cousiñas curiosas que a nós tanto nos gustaron.

Bicos e ata o próximo curso!

Preme na imaxe para espertar aos nosos visitantes.

 

SECCIÓN "SABÍAS QUE SONORO": "PEDRO E O LOBO"

Ola amiguiños e amiguiñas!

O alumnado de 2ºEP está a traballar durante as clases de música o conto musicado, "Pedro e o lobo". É por isto que lles gustaría compartir con todos e todas vós esta fábula, e que non só a desfrutedes, senon tamén que aprendades a importancia da música nunha narración ou representación.

Premede na imaxe e non perdades ningunha nota deste conto.

SABÍAS QUE SONORO- "CABAZAS MUSICAIS"

Ola a todos e todas!

Este xoves 28 de outubro, comezou na nosa radio escolar unha nova sección....bueno...non tan nova, porque seguriño que a recordades de hai uns cursos; Nesta ocasión vén cuns aires ben musicais, trátase do "sabías que...sonoro"

Este curso o alumnado de 2ºEP será a encargada de contarnos todo tipo de curiosidades...MUSICAIS!

Hai unha morea de cousas que lles chama a atención así que, como a curiosidade é unha das cualidades deste grupiño, de seguro que esta sección vos vai encantar.

Premede na imaxe e desfrutade con este primeiro programa.

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut