Skip to Content

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 5ºB

Tralo seu primeiro programa,alá polo Nadal, xa temos aquí o segundo programa de aula do alumnado de 5ºB. Xa comprobástedes que estes nenos e nenas son grandes investigadores e non hai tema que se lles resista.

Nesta ocasión as súas pescudas adentránronse no mundo animal, principalmente naquelas especies máis desprotexidas e vulnerables, é por iso que o titularon:

"FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN"

Ides de seguro quedar abraiados co grande traballo que realizaron.

Preme na imaxe e disfruta destes minutos cheos de boa información.

 

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 5ºA

E xa temos de volta aos nosos compañeiros e compañeiras de 5ºA que sempre nos traen temas ben interesantes.

Nesta ocasión e coincidindo co "Día Mundial da Saúde", o 7 de abril, achégannos un completo traballo sobre este tema, e como non, sabios "sani-consellos" para ter unha saúde de ferro. 

Collede lapis e papel e tomade boa nota.

 

PROGRAMA DO ALUMNADO DE 5ºB- "NADAL ARREDOR DO MUNDO"

E para estar preparados para este Nadal, os compañeiros e compañeiras de 5ºB amósannos como se celebran estas datas en paises cercanos e...outros non tanto! Escoitade e comprobaredes cantas tradicións se espallan arredor do noso mundo.

 

Premede na imaxe e... a viaxar!

 

PROGRAMA DE AULA 5ºA - "TRADICIÓNS DO NADAL"

Xa temos listo o programa de aula do alumnado de 5ºA:

"TRADICIÓNS DO NADAL"

Non dubidedes en escoitalo, ides ver de cantas cousiñas novas nos enteramos deste Nadal que xa se achega!

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut