Skip to Content

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Familias de 4º de E.I., aproveitamos esta publicación para achegarvos o calendario do período de adaptación e que así poidades organizarvos da mellor maneira posible. Agardámosvos cos brazo aberto e cun gran sorriso.

BENVIDOS AO CEIP MESTRE VALVERDE MAYO E A ESTA NOVA ETAPA QUE AGARDAMOS ESTÉ CHEA DE BOS MOMENTOS!

QUE DE COMEZO O CURSO ESCOLAR 2024-2025

 

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar. 

O día 11 de setembro, primeiro día de clase, o alumnado so debe traer unha mochila, merenda e un estoxo con material basico (alumnado de EP). O alumnado de EI so ten que traer mochila e merenda. 

Os libros e o material deberán ir traéndoos ao longo de toda a primeira semana, e deben vir marcados co nome  de cada alumno ou alumna. 

 

Para favorecer unha boa organización no primeiro día, o mércores 11 de setembro, as entradas realizaranse de xeito gradual:

 
 

9:15 h:

6ºA,  6ºB, 5º 

 

9:30 h :

 

4ºA ,  4ºB , 3º , 2º

 

9:45 h :

 

1ºA, 1ºB,  6ºEI, 5ºEI

 

* o alumnado de 4ºEI (3 anos) seguirá o horario marcado no seu periodo de adaptación.

 

AVISO IMPORTANTE : Todo o alumnado que desexe facer uso do transporte escolar no curso 2024-25 deberá cumprimentar o formulario que aparece nesta mesma páxina web.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestrevalverde/node/1165

  

Para calquera dúbida podedes contactar co centro de xeito teléfonico (886110356/58) ou a través do correo electrónico  (ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal).

 

Feliz curso 2024-25 e ata o mércores.

 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 24-25

As familias que precisen que os seus fillos ou fillas fagan uso do transporte escolar no curso 24-25 deben cubrir o seguinte formulario.

Calquera variación (puntual ou definitiva) que se produza nos datos facilitados deberá ser comunicada ao centro o antes posible, preferiblemente a través do correo electrónico (ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal) ou da axenda do alumno ou alumna. 

 

DESPEDIDA DO CURSO 2023-24

O equipo de docentes do CEIP MESTRE VALVERDE MAYO, agradece á Comunidade Educativa a súa colaboración neste curso que vimos de rematar.

Esperamos ter cumpridos os propósitos marcados e que os vosos fillos e fillas gocen dun merecido verán en familia.

Aproveitamos para felicitar á gañadora da "I EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADAS DE AXENDA ESCOLAR". Ela é...

 

              ROMINA RODRÍGUEZ MACEIRA (NAI DE AITANA SUÁREZ RGUEZ.)

 

Unha forte aperta e feliz verán.

 

O CURSO 24-25 COMEZA O 11 DE SETEMBRO

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

A partires do 30 de abril e ata o 13 de setembro de 2024 estará aberto o prazo de presentación de solicitudes das Becas e Axudas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo correspondentes ao curso 2024- 2025.

Podedes consultar o anuncio no seguinte enlace: AXUDAS NEAE CURSO 24-25

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut