Skip to Content

3º Concurso de Fotografías pola Igualdade.

3º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.

 

 

CONVOCATORIA E PARTICIPACIÓN

 

1.     A Federación Galega de ANPAs Compostela convoca o III Concurso de Fotografía co obxectivo de que o alumnado ou as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato plasmen nunha fotografía como ven a igualdade  en calquera ámbito da vida e promover a reflexión.

2.     As imaxes irán acompañadas dun título e un pequeno texto explicativo do que representa.

3.     Cada participante presentará un máximo DUNHA fotografía.

4.     As fotografías deben ser orixinais e inéditas e non poden ter sido premiadas en concursos anteriores nin publicadas en ningún tipo de soporte.

5.     A Federación Galega de ANPAs Compostela resérvase o dereito a eliminar do concurso aquelas fotografías que induzan, inclúan ou teñan relación directa ou indirecta con calquera tipo de violencia ou que fagan publicidade de calquera tipo de marca ou negocio.

6.     A falta de veracidade, a incorrección nos datos proporcionados polas persoas participantes, a falta de autoría ou orixinalidade, a xuízo do xurado, permitirán a Federación Galega de ANPAS Compostela a súa exclusión do concurso.

7.     As fotografías pasarán a ser propiedade da Federación Galega de ANPAs Compostela, que adquirirá o dereito pleno á súa utilización.

 

MÁIS INFO AQUÍ

 

AdxuntoTamaño
DÍPTICO 3º CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE-1.pdf613.8 KB


story | by Dr. Radut