Skip to Content

blogue delaura

FABRICANDO NEVE

 

Dado que os nenos/as do cole querían ver neve e aquí non caeu nin unha soa folerpa en todo o inverno, en infantil, decidimos que era hora de fabricala e, como somos tremendamente curiosos, fixémola de dúas maneiras. A primeira, empregando bicarbonato e a segunda, con cueiros para bebés e auga. As fases que seguimos foron as seguintes:

1º presentamos no faladoiro os materiais a empregar, así como unha explicación de todo o proceso que íamos desenvolver.

                 2ºformulamos hipóteses a nivel grupal. Cada un/ha daba a súa opinión do que pasaría.

3ºpuxémonos mans a obra e tocou experimentar e

4ºconversamos grupalmente para falar do que pasou.

Despois de todo o traballo, recollemos no noso caderno de experimentos todo o proceso debuxándoo e inventamos e escribimos un título para o experimento. A maiores redactamos tamén a lista dos materiais empregados.

fabricando neve6

fabricando neve5

fabricando neve1

fabricando neve2

fabricando neve3

fabricando neve4

Distribuir contido


by Dr. Radut