Skip to Content

INFORMACIÓN DA ANPA PARA O CURSO 2024-25

NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS TEÑEN INFORMACIÓN DA ANPA RELATIVA Á INSCRICIÓN COMA SOCIOS, COMEDOR ESCOLAR, ACTIVIDADES E AULA MADRUGA.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-25

NO ADXUNTO PODEN CONSULTAR OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-25.

 

AVISOS IMPORTANTES

AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE PASA A 3º E 4º DE E. PRIMARIA PRECISAN MERCAR  O ACTIVITY BOOK CORRESPONDENTE, XA QUE HAI LOTES DE LIBROS DE PRÉSTAMO PARA TODOS ELES, INCLUSO AQUELES QUE NON TEÑAN SOLICITADA A AXUDA .

 

O RESTO DAS FAMILIAS DEBERÁN ESTAR ATENTAS Á PUBLICACIÓNS DAS LISTAXES DE FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL NO TABOLEIRO DO CENTRO:

O ALUMNADO DE 5º E 6º QUE RECIBA 6 LIBROS NON PRECISA MERCAR MÁIS QUE O ACTIVITY BOOK CORRESPONDENTE.

O ALUMNADO DE 5º E 6º QUE RECIBA 4 LIBROS DEBERÁ MERCAR MATEMÁTICAS E LINGUA GALEGA, ADEMÁIS DO ACTIVITY BOOK CORRESPONDENTE.

O ALUMNADO DE 5º E 6º QUE RECIBA 5 LIBROS DEBERÁ MERCAR MATEMÁTICAS , ADEMÁIS DO ACTIVITY BOOK CORRESPONDENTE.

AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º E 2º PODEN ENCARGAR XA OS LIBROS CORRESPONDENTES, INDEPENDENTEMENTE DE QUE TEÑAN OU NON O VALE DE LIBROS.

EN TODO CASO OS VALES DE LIBROS (1º-2º) ASÍ COMA OS DE MATERIAL (TODA PRIMARIA) ENTREGARANSE NO MES DE SETEMBRO.

 

 

CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN FINAL

A Consellería de Educación estableceu na ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 12),  que no presente curso as sesións de avaliación final en E. Infantil e Primaria terían lugar a partir do 21 de xuño. Será a primeira vez que tales cualificacións non se entregan ao alumnado que comeza as súas vacacións de verán a través dos boletíns de notas.

Neste curso, debido á norma anterior, as cualificacións serán enviadas a través da aplicación ABALAR, sendo publicadas o martes 25 de xuño e non haberá boletíns de notas.

MATRÍCULA DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO CURSO 2024-25

O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO ABRANGUE DO 20 AO 30 DE XUÑO.

AS FAMILIAS DEBERÁN CUBRIR O ANEXO III-1 ( IMPRESO DE MATRÍCULA) E APORTAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

  • DÚAS FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ, CO NOME POLA PARTE POSTERIOR.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.
  • INFORME DO/A PEDIATRA DA CORRECTA VACINACIÓN E DE NON PADECER ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA.
  • NO CASO DE EXISTIR PROBLEMAS COA TUTELA OU PATRIA POTESTADE, DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA.
  • AUTORIZACIÓN DE INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO.
  • AUTORIZACIÓN DO USO DA IMAXE.
  • AUTORIZACIÓN DAS PERSOAS QUE PODEN RECOLLER AO ALUMNO/A.

TANTO O  IMPRESO DE MATRÍCULA COMA AS AUTORIZACIÓNS ANTERIORES SON AUTOCOMPLETABLES E PODEN ACCEDER A ELES NOS  ADXUNTOS.

MOI IMPORTANTE:

 A MATRÍCULA REALIZARASE NO SEGUINTE HORARIO DE SECRETARÍA:

20 E 21 DE XUÑO DE 13-14h

DO 22 AO 30 DE XUÑO  DE 9:00-14:00h

 

REUNIÓN FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

( SO OS PROXENITORES)

27 DE XUÑO ÁS 10:30h

 

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

Na  ORDE do 7 de maio de 2024 convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2024/2025 (Código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20.05.2024).

As axudas consisten en:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específcas de apoio educatio –EAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Prazo e presentación

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REMATA O 21 DE XUÑO DE 2024.

MOI IMPORTANTE: A PRESENTACIÓN REALIZARASE DE XEITO PRESENCIAL EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 13-14 h. NON SE RECOLLERÁN AS SOLICITUDES ENVIADAS A TRAVÉS DO ALUMNADO.

Poderán acceder ao procedemento e a toda a información a través da aplicación FONDOLIBROS:

Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B.

 Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

No centro: neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

 ANEXO I (este enlace inclúe o Anexo II)

ANEXO II

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou conienio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor

Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero

Axudas para alumnado con NEAE para o curso 2024-2025

Na Resolución de 12 de abril de 2024, de la Secretaría de Estado de Educación ( BOE de 19 de abril de 2024,  Núm. 96 ) convócanse axudas para alumnado con con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

O prazo de presentación de solicitude abrangue dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

No seguinte enlace poderán acceder a todoa a información da convocatoria: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html#pasos-para-solicitarla

 

PRANTAS AROMÁTICAS NA NOSA HORTA

Este ano o equipo da Horta creamos un "Sendeiro de Aromáticas" para estimular os SENTIDOS do noso alumnado. As plantas aromáticas son unha parte importante da HORTA, xa que estas aportan grandes beneficios. Investigamos os usos e beneficios (medicináis e culinarios) e coa información fixemos un caderno de campo sobre aromáticas para a Biblio. Ademáis grabamos na radio un podcast con todo o aprendido e con iso crearemos uns códigos QR que puxemos no sendeiro baixo a planta correspondente. Esperamos que vos guste o traballo!

  

Preme na imaxe

 

GAÑADORES DO PREMIO CONVIVIMOS 2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e universidades resolveu o pasado 8 de xaneiro a primeira edición do Premio ConVivimos que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e o compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar. 

 O Colexio CEIP Mestre Martínez Alonso, en Mos, e o Instituto IES Xelmírez I, en Santiago de Compostela, obtivemos o primeiro premio na categoría de Primaria e Secundaria, respectivamente. 

O conselleiro destacou o labor dos centros premiados na elaboración de propostas para fortalecer o respecto e a equidade entre alumnado, docentes e membros do equipo educativo. “Esta primeira convocatoria contou coa participación de máis de 50 centros de toda Galicia das distintas etapas, o que demostra o compromiso da comunidade educativa galega coa convivencia e a tolerancia no entorno escolar”, salientou.

Unha comisión de selección avaliou os proxectos presentados, tendo en conta aspectos como a calidade das accións desenvolvidas, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, o impacto no proceso de ensino-aprendizaxe e a súa repercusión no conxunto do centro, entre outros.

O centro recibiu  un importe de 5000€  correspondente á dotación do Primeiro premio. Pola súa banda o profesorado implicado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e 20 horas para o profesorado participante. 

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

                                                                               CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

CALENDARIO ESCOLAR 2024-25

NO ADXUNTO PODEN ACCEDER Á ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25 OU A TRAVÉS DO ENLACE.

 O CURSO ABRANGUERÁ DO 11 DE SETEMBRO DE 2024 AO 20 DE XUÑO 2025 

PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 1. NADAL: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos

2. ENTROIDO: 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

 3. SEMANA SANTA: desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

A CONSELLERÍA ESTABLECEU O DÍA DO ENSINO O VINDEIRO 31DE OUTUBRO DE 2024, POLO QUE ESE DÍA NON É LECTIVO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut