Skip to Content

GAÑADORES DO PREMIO CONVIVIMOS 2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e universidades resolveu o pasado 8 de xaneiro a primeira edición do Premio ConVivimos que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e o compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar. 

 O Colexio CEIP Mestre Martínez Alonso, en Mos, e o Instituto IES Xelmírez I, en Santiago de Compostela, obtivemos o primeiro premio na categoría de Primaria e Secundaria, respectivamente. 

O conselleiro destacou o labor dos centros premiados na elaboración de propostas para fortalecer o respecto e a equidade entre alumnado, docentes e membros do equipo educativo. “Esta primeira convocatoria contou coa participación de máis de 50 centros de toda Galicia das distintas etapas, o que demostra o compromiso da comunidade educativa galega coa convivencia e a tolerancia no entorno escolar”, salientou.

Unha comisión de selección avaliou os proxectos presentados, tendo en conta aspectos como a calidade das accións desenvolvidas, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, o impacto no proceso de ensino-aprendizaxe e a súa repercusión no conxunto do centro, entre outros.

O centro recibiu  un importe de 5000€  correspondente á dotación do Primeiro premio. Pola súa banda o profesorado implicado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e 20 horas para o profesorado participante. 

 

               

 



page | by Dr. Radut