Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Secretaría

Circular IES Agra do Orzán

Entroido 2021

A vindeira semana iniciaremos o Entroido 2021 cos mandados do Meco.
Este ano, debido ao Covid, o venres 12 non poderemos facer a nosa tradicional saída polo barrio, mais faremos igualmente que sexa un día especial no que cada aula manterase co seu grupo de convivencia estable e terá unha celebración propia.
Desde o blogue do equipo de Dinamización Lingüística do centro, o meco iranos indicando o que deberemos traer cada día... Grazas pola súa colaboración.

https://linguagaleganomariabarbeito.wordpress.com/2021/02/05/entroido-2021/

28 de xaneiro Día Internacional da Protección de Datos

datos

Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.
No ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes é o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), plenamente aplicable desde o 25 de maio de 2018.  Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento europeo.
A continuación exponse o que a citada lexislación considera “datos persoais”, as diferentes categorías de datos persoais que podemos atopar e a protección que se brinda a estas, así como as actividades consideradas “tratamento” de datos persoais e, polo tanto, suxeitas á normativa vixente.
Que é un dato persoal?
Os datos persoais son calquera información referente a persoas físicas identificadas ou identificables.
Pode ser identificable toda persoa cuxa identidade poida determinarse mediante un identificador (por exemplo, un nome, un número de identificación, datos de localización ou un identificador en liña) ou mediante o uso dun ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social.
Exemplos de datos persoais son: o nome e apelidos; o D.N.I./Pasaporte; a sinatura; a dirección de correo electrónico nominativo ou persoal; o número de teléfono; o domicilio; a dirección IP; a matrícula do vehículo; a imaxe ou voz dunha persoa; a información económica ou patrimonial; o estado de saúde física ou mental; os datos biométricos (pegadas dixitais, iris do ollo, ADN...); a ideoloxía; a información obtida da navegación na internet (cookies); etc.
A normativa en materia de protección de datos persoais non regula o tratamento de datos das persoas xurídicas, en particular as empresas constituídas como sociedades mercantís respecto ao seu nome ou razón social ou datos de contacto.
Tipoloxía dos datos persoais
Pódense destinguir, entre outros, os seguintes tipos de datos persoais:

  • Datos identificativos: nome e apelidos, DNI, nº da Seguridade Social ou tarxeta sanitaria, dirección, teléfono, firma/pegada, imaxe/voz...
  • Datos de natureza penal.
  • Datos de infraccións e sancións administrativas.
  • Datos de categorías especiais: Orixe étnica ou racial; opinións políticas; conviccións relixiosas ou filosóficas; afiliación sindical; datos xenéticos; datos  biométricos dirixidos a identificar de maneira unívoca a unha persoa física; datos relativos á saúde incluíndo posibles discapacidades e datos relativos á vida sexual ou a orientación sexual.
  • Datos de circunstancias sociais: características da vivenda; situación familiar; propiedades; posesións; afeccións e estilo de vida; pertenza a clubs e asociacións; licenzas, permisos e autorizacións.
  • Datos de características persoais: datos de estado civil; idade; datos de familia; sexo; data de nacemento; nacionalidade; lugar de nacemento; idioma; características físicas ou antropométricas.
  • Datos académicos e profesionais: formación; titulacións; expediente académico; experiencia profesional; pertenza a colexios ou asociacións profesionais.
  • Datos detalle de emprego: corpo/escala; categoría/grao; postos de traballo; datos non económicos de nómina; historial do traballador.
  • Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos, rendas; inversións, bens patrimoniais; créditos, préstamos, avais; datos bancarios; plans de pensións, xubilación; datos económicos de nómina; datos deducións impositivas/impostos; seguros; hipotecas; subsidios, beneficios; historial créditos; tarxetas crédito, etc.
  • Datos de transaccións: bens e servizos subministrados pola persoa afectada; bens e servizos recibidos pola persoa afectada; transaccións financeiras; compensacións/indemnizacións; etc.

Que é un tratamento de datos persoais?
Calquera operación ou conxunto de operacións na que estean presentes datos persoais constituirá un tratamento de datos, que poderá ser manual ou automatizado (total ou parcialmente).
Constitúen un tratamento de datos persoais, entre outras, as seguintes actividades: a recollida dos datos; o rexistro; a organización; a estruturación; a conservación; a adaptación ou modificación; a extracción; a súa consulta ou utilización; a comunicación dos datos por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión; a limitación e a supresión ou destrución dos datos.

Normativa relacionada:
REGLAMENTO (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril de 2016 Relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos personais
Artículo 8.1. “En relación con la oferta directa a niños de servicios de la sociedad de la información, el tratamiento de los datos personales de un niño se considerará lícito cuando tenga como mínimo 16 años.” (...)
LEY ORGÁNICA 3/2018, de 5 de diciembre, de protección de datos personales y garantía de los derechos digitales
Artículo 7.1. "El tratamiento de los datos personales de un menor de edad únicamente podrá fundarse en su consentimiento cuando sea mayor de 14 años”(...)

Casos positivos da COVID-19

Estimadas familias:
Comunicámoslles que se confirmaron 4 casos nesta fin de semana (2 o sábado e 2 o domingo) da Covid-19 no centro educativo ao que acoden os seus fillos. Tras realizar o estudo de contactos no centro, NON foi identificado/a como contacto estreito, polo que, agás as dúas aulas corentenadas, os alumnos poden seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.
Poden consultar máis información en
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/modelo_carta_educovid_2020_09_29.pdf

Novos casos de COVID-19

Detectáronse no día de hoxe tres casos de positivo da COVID-19 en persoas pertencentes á comunidade educativa do colexio.

O equipo COVID activou o protocolo establecido e comunicou a situación á Consellería de Sanidade.

Seguindo indicacións das autoridades sanitarias os pais dos alumnos dunha aula de educación infantil afectada foron avisados e de maneira preventiva, os alumnos deberán permanecer nos seus domicilios un período de 10 a 14 días que será supervisado polas citadas autoridades.

Os outros dous casos detectados, comprobada a última data de asistencia destas persoas ao centro, as autoridades consideran que non xeraron contactos estreitos no centro educativo.

Como noutras ocasións recomendamos extremar as medidas de seguridade e hixiene vixentes.

Moito ánimo.

A dirección do centro.

Comunicación de caso COVID-19 no centro

Estimadas familias.
Detectouse un caso de positivo da COVID-19 nunha persoa pertencente a comunidade educativa do colexio.
O equipo COVID activou o protocolo establecido e comunicou a situación á Consellería de Sanidade.
Seguindo indicacións das autoridades sanitarias os pais da aula afectada foron avisadas e de maneira preventiva,  non deberán enviar aos alumnos ao centro nos vindeiros días. O Centro de Seguemento de Contactos (CSC) poñerase en contacto coas familias coa finalidade de facer un seguemento do caso e daranlles indicacións do proceso a seguir, que probablemente será de confinamento domiciliario.
O resto do alumnado doutras aulas e cursos do centro virá coa normalidade que a situación actual esixe: extremando as medidas de alerta, hixiene e distanzamento.
Desde o colexio nestes momentos queremos transmitir moito ánimo a todas as familias.
Un saúdo.
A dirección do centro.

Axudas máscaras

Despois de longa espera agardando as propostas de diferentes empresas para a adquisición de máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas, hoxe día 22 de decembro, recibimos o pack que lle corresponderá a cada alumno. Trátase de dúas máscaras de cores azul e amarelo en material reutilizable que garantiza ata 85 lavados en cada unha das mesmas, o que garantiza a súa utilidade para o presente curso escolar.

Convocatoria de máscaras para o alumnado

Nenos con máscaras

Imaxe Regreso a la escuela por un nuevo concepto de estilo de vida normal. freepik. Autor: user 11158201

 

O venres 13 de novembro saiu publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados  no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Porque é beneficiario directo e recibirá as máscaras directamente.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR
Poderán solicitarse dende o 14 ata o 27 de novembro no centro educativo con cita previa.

Teléfono do centro: 981 26 26 12

* Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia

**Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9 a 13:30 h. e as tardes do luns de 16 a 18 h.

Publicidade: No taboleiro do centro o luns 30 de novembro publicarase a listaxe de beneficiarios das máscaras.
O reparto das máscaras realizarase no mes de decembro. Informarase do procedemento os vindeiros días.

Haberá solicitudes a disposición das familias na conserxería do centro.

Acceso á publicación no DOG

Información na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia

Modelo de solicitude (galego)

Novas COVID

Imaxe COVID-19 (Pixabay)

Listaxes provisionais de axudas de Fondo libros

Libros e material

Desde o día de hoxe, venres 3 de xullo están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro as listaxes provisionais do fondo de libros. O prazo para reclamar a estas listaxes é de  2 días (6 e 7 de xullo). O vindeiro mércores, día 8 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

A entrega de vales para adquisición de libros de texto para 1º e 2ºEP e/ou material escolar (de 1ºEP a 6ºEP), será entre o luns 13 de xullo e o venres 17 de xullo en horario de 10 h a 13 h. na secretaría do colexio.

As familias que non recollan os vales nesas datas, terán que esperar ao mes de setembro para recollelos.

Distribuir contido


by Dr. Radut