R/ Alcalde Fernández 48, Fisterra; 15155, A Coruña. Tfno: 881880658; fax: 881880659
RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
1.- Alicia Insua Ruibo
2.- Vanessa Viquendi Fernández
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.
Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 ou por ser un deles proposto pola ANPA. As votacións no sector pais/nais serán o martes 23 de novembro de 16:15h a 18:00h.
Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 15 ao 21 de novembro, ambos días inclusive.
O que se fai público para xeral coñecemento.