Skip to Content

Blogues

PARTICIPACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS

Infórmase que están no taboleiro do centro as listaxes provisionais do fondo libros para 3º e 4º EP. Hai 2 días habiles para reclamacións.

Así mesmo, xa están dispoñibles as axudas para libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (1º - 6ºEP) que poden pasar a recoller na secretaría do centro de luns 1 ao mércores 3 de 10:00 a 12:00 horas.

COLABORACIÓN SAVE THE CHILDREN

GRACIAS A TODOS E TODAS POLA VOSA APORTACIÓN!!!

A vosa axuda permite seguir traballando polos dereitos da infancia e lograr que nenos e nenas sobrevivan, teñan acceso a unha educación de calidade e estean protexidos.

 

Recibí do recadado.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ábrese o prazo para presentar solicitudes para participar no fondo libros e axudas de libros de texto e material escolar.

 

PRAZO: ata o 21 de xuño

 

DESTINATARIOS: alumnado matriculado no vindeiro curso dende 1ºEP ata 6ºEP. O alumnado que promocione á ESO deberá facer as xestións no instituto de destino.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Anexo I e Anexo II.

- Libro de familia. (Se houbo algún cambio)

- Sentenza xudicial e/ou convenio regulador da custodia. (Se non dispoñemos no centro da documentación)

- Certificado do grao de discapacidade cando NON fose expedido pola Xunta de Galicia.

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Preferiblemente vía electrónica a través da SEDE ELECTRÓNICA ou da aplicación FONDOLIBROS.

Presencialmente no centro en formato papel.

 

HORARIO DE ATENCIÓN

De luns a venres de 10:40 a 11:30

 

OBRIGAS

Para poder participar no programa de axudas o alumnado que actualmente curse de 3º a 6º EP deberán devolver os libros do fondo. Data límite 21 de xuño.

 

Máis información aquí.

Orde do 7 de maio de 2024.

 

Como educar en positivo e non morrer no intento

Formación: "Como educar en positivo e non morrer no intento"

 

 

 

Baixo este título, recibimos o mércores 29 de maio unha formación sobre disciplina positiva no noso centro. A charla foi impartida por Mallo Rodríguez, mestra, psicopedagoga e facilitadora de Disciplina Positiva a familias. 

A través dunha dinámica, as familias asistentes puideron debatir acerca dos aspectos positivos e negativos dos distintos estilos de crianza. Igualmente, aprendemos a diferenciar entre normas e límites así como a buscar alternativas aos castigos

Agradecemos a Mallo a súa visita tan produtiva e tamén aos pais asistentes pola súa implicación e participación tan boa. 

Para as familias que non puidéchedes asistir, adxuntamos pdf coa presentación.

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 2024-2025

BOLSAS NEAE 2024-2025

ATA CANDO É O PRAZO?

Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as bolsas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educativo (NEAE).

En caso de que o teu fillo/a cumpra os requisitos e vaias solicitar dita axuda antes de que remate o curso, contacta con Natalia (orientadora), ben chamando ao teléfono do centro ou ben no teléfono do Departamento de Orientación: 881880660.

 

QUEN SON OS DESTINATARIOS DAS AXUDAS?

  • A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociadosa necesidades educativas especiais.
  • B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA).
  • C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociadosa necesidades educativas especiais para familias numerosas.
  • D) Alumnado con Altas Capacidades.

CÓMO CUBRO A SOLICITUDE?

A solicitude cúbrese de modo telemático nesta ligazón: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109 

No portal de becas de educación tedes os pasos a seguir á hora de cubrir o formulario: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html 

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE APORTAR?

documentación que debedes traer ao centro, tras cubrir a solicitude telemática:

  • Solicitude impresa
  • Informe cuberto do gabinete
  • Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.
  • Fotocopia dos DNI de todos os membros da unidade familiar
  • Fotocopia da conta bancaria na que conste como titular ou cotitular o alumno/a que solicita a bolsa.

Unha vez que a solicitude esté revisada, con todos os apartados ben cumprimentados e a documentación necesaria, entregaráseche no centro o resgardo selado, que servirá como xustificante de que presentaches a solicitude en prazo.

NON ESQUECER ASINAR TODOS OS APARTADOS, SOBRE TODO:

  • Asinar para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas (páxina 1).
  • Asinar todos os membros da unidade familiar no apartado “A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES”.

 

Debaixo desta publicación, inclúese unha infografía como ficheiro adxunto no que podes visualizar os pasos a seguir.

 

CHARLA PARA FAMILIAS SOBRE DISCIPLINA POSITIVA E INTELIXENCIA EMOCIONAL

CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA

O próximo mércores 29 de maio terá lugar no centro unha charla formativa para todas as familias, tanto da etapa de Educación Infantil como de Educación Primaria. Será impartida por Mallo Rodríguez, experta en intelixencia emocional.

 

Comezará ás 16:10 horas e durará aproximadamente unha hora e media. Trataranse diversos temas: disciplina positiva, intelixencia emocional e comunicación, onde aprenderemos como levar a cabo unha resolución pacífica de conflictos na casa. 

Agardámosvos.

DÍA DO LIBRO: BOOKTUBERS

E TI, ES DOS QUE TE DEIXAS ACONSELLAR?

O ALUMNADO DE 4ºEP FÍXOSE BOOKTUBER POR UN DÍA PARA RECOMENDAR (OU NON) ALGÚNS DOS LIBROS QUE LERON.

DALLE PLAY!!!

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) abre o prazo para presentar as solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2024/25.

 

Poden presentar as solicitudes:

 

As solicitudes deberán ir acompañadas dunha copia do libro de familia ou documento equivalente e do certificado de empadroamento.

 

Maís información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

ABERTO O PRAZO PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN PARA O CURSO 2024/25

Infórmase que o prazo para presentar as solicitudes de reserva de praza no centro de adscrición (IES Fin do Camiño) para o curso 2024/25 está aberto do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Poden presentar as solictudes presencialmente neste centro educativo ou a través da aplicación Admisionalumnado.

 

Na seguinte ligazón poden consultar o calendario do procedemento de admisión e matrícula.

 

Máis información en:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Infórmase que está publicado no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos no programa de fondo libros (3º e 4º EP).

O prazo de reclamación é de dous días hábiles. 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Infórmase que a partir do 29/06 están dispoñibles no centro os vales para adquirir os libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (1º - 6º EP).

Para a súa recollida diríxanse á secretaría do centro en horario de 11:00 a 13:00 h.

 

ACTIVIDADES GRUPAIS

O alumnado de 2º presenta as seguintes actividades:

Realizaron paisaxes en plastilina, entrevistaron ós seus compañeiros, elaborararon receitas de entroido e por último, pintaron dun xeito moi especial, co rato do ordenador.

            

Distribuir contido


by Dr. Radut