Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral integrada por:

- A directora do Centro.

- Un profesor/a.

- Un pai/nai ou titor legal.

- Un representante de persoal de administración e servizos.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 27, mércores, ás 11:30 horas.

 



blog | by Dr. Radut